OS ANDARES

Serie de 6 viaxes sonoras

Os Andares

SERIE DE VIAXES SONORAS

Unha viaxe sonora é unha película na que ti es a protagonista, paseas por entre as localizacións e a cámara son os teus ollos.

Un grupo de artistas do teatro, o cine documental, a poesía e a música producimos 6 creacións de audio nalgúns dos espazos máis máxicos da Serra dos Ancares.

Seis capítulos, cada un escrito por unha autora, nos que se mestura o documental e a ficción, co fin de profundizar un pouco no coñecemento desta Reserva da Biosfera, a súa cultura e os sentires dos seus habitantes.

O que tes que facer para disfrutala é moi sinxelo:

  • 1) Colle o teu móbil (ou similar) con batería suficiente

  • 2) Leva os mellores auriculares que teñas

  • 3) Vai ata o punto de inicio da viaxe que escollas

  • 4) Dalle ao play no idioma que prefiras

  • 5) Déixate guiar

Ao igual que no cine ou no teatro, é moi importante que cada viaxe se faga toda seguida sen falar con ninguén.

Recomendámosche levar un calzado cómodo, unha gorra para protexerte do sol e poñer o teu móbil en modo NON MOLESTAR, así seguirás tendo conexión pero non che molestarán as chamadas nin as notificacións durante o tempo do paseo.

Por último, os Ancares é un espazo protexido cun valiosísimo patrimonio histórico, cultural e natural. Tanto nos desprazamentos como durante a túa estancia alí, pedímosche que respectes a calma do lugar e que coides da fauna e da flora.

Reproducir/Pausar

ESCOLLE A TÚA VIAXE SONORA

PROBA DE NAVIA

Duración – 47’20”

Proba de Navia

A viaxe sonora de Navia traza o seu camín por distintos espazos da vila. Lugares que acollen as pegadas das persoas que os habitan co seu andar, coas súas vivencias e lembranzas. Paso a paso marcaron o traxecto que conta a súa historia: Se non temos memoria, non temos historia e estamos feitos de historias.

IRIA AZEVEDO

PUNTO DE INICIO:

Vaia ata a vila de Proba de Navia, no concello de Navia de Suarna, e sitúate no inicio da ponte medieval, na beira oposta ao castelo.

COORDENADAS: 42°57’55.2″N 7°00’18.7″W

Iria Azevedo

ESCOITA ou DESCARGA

Galego

Descargar

Parte 1

Castellano

Descargar

Parte 1

English

Descargar

Proximamente

PENARRUBIA

Duración – 33’26”

Penarrubia

Para unha urbanita coma min, calquera oportunidade de afastarse e descansar do día a día dunha cidade, cómpre aproveitala. Cando eu era pequena, envexaba moito ás compas de clase, que todas as fins de semana ían “á aldea”. Eu non tiña. Cando visitei Penarrubia, véuseme esta lembranza á cabeza e pensei que, desde logo, a miña aldea soñada podería parecerse moito a este lugar. Como guieiro deste paseo, contarás cun ilustrado narrador que irá debullando a historia desta parroquia e das súas xentes, ata onde boamente pode alcanzar a memoria. Penarrubia se cadra, non é doada de atopar e coñecer… Pero unha vez atopada, xa non ten perda.
Espero que goces tanto paseando, como eu escribindo para ti.

CLARA GAYO

PUNTO DE INICIO:

Vai ata a aldea de Penarrubia, no concello de Baralla, e sitúate na zona de aparcamento xunto a igrexa.

COORDENADAS: 42°56’36.6″N 7°13’05.0″W

Clara Gayo

ESCOITA ou DESCARGA

Galego

Descargar

Parte 1

Castellano

Descargar

Parte 1

English

Descargar

Proximamente

TORÉS

Duración – 41’05”

Torés

Cando cheguei a Torés, esa vila enmarcada nun fermoso val, que, como as boas películas e libros, mellora canto mais a miras, tiven a clara e inmediata sensación de que a súa placidez agochaba historias que pagaría a pena aflorar. E apareceron os tremores, que a cada pouco e dende hai moito tempo, rachan de cando en vez a calma de Torés. E que seica van voltar, en forma de parque eólico, rachando definitivamente co seu xeito de vida.
Pero sobre todo apareceron persoas con ganas de falar, que abriron as súas casas, bocas e mesmo despensas para ofrecerme con xenerosidade o agasallo das súas lembranzas e sentimentos.
Acompáñame nesta cápsula do tempo, neste scanner de recordos psicoxeográficos. Dálle o play!

MARCOS PTT

PUNTO DE INICIO:

Vai ata a aldea de Torés, no concello de As Nogais, e sitúate xunto a fonte que hai ao pé da igrexa.

COORDENADAS: 42°47’23.9″N 7°09’39.5″W

Marcos PTT

ESCOITA ou DESCARGA

Galego

Descargar

Parte 1

Castellano

Descargar

Parte 1

English

Descargar

Proximamente

CASTRO DE SANTA MARÍA

Duración – 36’59”

Castro de Santa María

Como na mansión encantada dunha novela de terror, no Castro de Santa María confluén forzas de poder ancestral que nos poñen en contacto co descoñecido e coa morte.
Os vestixios dun poboado castrexo, unha necrópole do século IX, unha igrexa do século XV, un cemiterio contemporáneo e ti.
Milenios de segredos agochados baixo a terra, o pó ou a pintura dunha parede, agardando o día de saíres á luz. Ese día, quizáis, sexa hoxe.

JOSÉ DÍAZ

PUNTO DE INICIO:

Vai ata o Castro de Santa María, no concello de Cervantes, e sitúate na pasarela metálica xunto ao muro da igrexa.

COORDENADAS: 42°51’53.3″N 7°02’33.3″W

Jose Díaz

ESCOITA ou DESCARGA

Galego

Descargar

Parte 1

Castellano

Descargar

Parte 1

English

Descargar

Proximamente

OS GROBOS

Duración – 32’49”

Os Grobos

Os Grobos non precisa de palabras, non lle fan falla. Igual somos nós os que buscamos o texto para ser quen de integrarnos, para procurar un oco, establecer un pacto de convivencia e xogar co que nos altera e nos marabilla. Para domar, dalgún xeito, o espello da nosa pequenez. Os significados, aquí, son marco da nosa insignificancia. A proposta desta viaxe é un xogo na procura dunha alianza na que cuestionemos o noso poder. Os Grobos estiveron e estarán; ti e mais eu só pasamos por aquí.

AVELINA PÉREZ

PUNTO DE INICIO:

Vai ata a aldea de Agüeira, no concello de Becerreá, e sitúate xunto a casa da Asociación Veciñal.

COORDENADAS: 42°49’34.1″N 7°07’20.2″W

Avelina Pérez

ESCOITA ou DESCARGA

Galego

Descargar

Parte 1

Descargar

Parte 2

Castellano

Descargar

Parte 1

Descargar

Parte 2

English

Descargar

Proximamente

LAGO MAIOR

Duración – 32’27”

Lagoa Maior

Esta viaxe sonora é un camiño monte adentro ata o Pozo do Lago maior, unha lagoa de orixe glaciar que se formou hai miles de anos. Poderiamos dicir que é entón unha viaxe no tempo. Pero tamén é unha camiñar cara o teu interior, un percorrido durante o que podes fundirte coa natureza que che rodea, a visible e a que observa sen ser vista, a que vixía dende o horizonte e a que levas dentro agochada como un animal.

MARÍA LADO

PUNTO DE INICIO:

Vai ata a aldea de Hospital, no concello de Pedrafita do Cebreiro, e sitúate fronte a porta do Mesón O Tear.

COORDENADAS: 42°42’17.3″N 7°06’02.9″W

María Lado

ESCOITA ou DESCARGA

Galego

Descargar

Proximamente

Castellano

Descargar

Proximamente

English

Descargar

Proximamente

OS ANDARES

Unha produción de FÓSFORO, Arte & Cultura
coa colaboración do Colectivo GALIZA EMOCIONAL.

Dirección

IRIA AZEVEDO, JOSÉ DÍAZ & MARCOS PTT

Dramaturxia

CLARA GAYO, MARÍA LADO, AVELINA PÉREZ, IRIA AZEVEDO, JOSÉ DÍAZ, MARCOS PTT

Voces

PATRICIA VÁZQUEZ, CARLOS SANTIAGO, MARÍA LADO, GONZALO DE CASA DE CARDELA, MARCOS PTT, IRIA AZEVEDO, JOSÉ DÍAZ

Músicas

NACHO MUÑOZ, JOSÉ DÍAZ e varios autores da plataforma EPIDEMIC SOUND

Apoio á investigación

ASER ÁLVAREZ

Edición e postprodución sonora

CHUS SILVA

Edición web

VACAMORTA

Fotografías

MARCOS PTT, JOSÉ DÍAZ

Vídeo

GRANEROVÍDEO

Comunicación

LUCÍA RODRÍGUEZ

Traducións ao inglés

GARY SMITH

Supervisión lingüística

CARLOS SANTIAGO, ARANTXA ALFAIA

Produción das locucións en inglés

FERNANDO LEMA

Asistencia de produción

VICENTE CONDE

Dirección de produción

JOSÉ DÍAZ

Unha produción de FÓSFORO Arte & Cultura.
Co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Indutrias Culturais, dentro do Programa Territorio Cultura, financiado con cargo aos Fondos da UE e o Plan de Recuperación e Resilencia do Goberno de España.
Co apoio da Área de Turismo da Deputación de Lugo.
Co apoio dos Concellos de As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares Os Andares
  • Concello de Baralla
  • Concello de Becerrea
  • Concello de Cervantes
  • Concello de Navia de Suarna
  • Concello de As Nogais
  • Concello de Pedrafita do Cebreiro
  • Galicia Emocional
  • Deputación de Lugo
  • Xunta de Galicia
  • Unión Europea NextGeneration
  • Gobierno de España
  • Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia
  • Xacobeo 21-22

AGRADECEMENTOS

O equipo dos ANDARES quere agradecer de corazón a todas as persoas da comarca dos Ancares que participaron na creación deste proxecto, a todos os veciños e veciñas entrevistados (aparezan ou non na edición final) e, moi especialmente, a:
Xosé Espín, Maricarmen do Xegunde, Sergio Fernández de Torés, Maricarmen de Embutidos Suarna, Fray Paco do Cebreiro, Joan María da Casa do Catalán, Ovidio Fernández (pola cesión dos audios do seu precioso documental “Naviegos, os outros arraianos”), Eduardo Álvarez de Penarrubia, Isolina Rodríguez, Alberto Uría, Xabier Moure, Carmiña, Gonzalo da Casa de Cardela, Luis Pombo, Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, Escola Unitaria, Tristán e Pancho.

ACCESIBILIDADE

Se debido ás túas capacidades de mobilidade, de escoita ou, polas circunstacias que sexa, non podes realizar as viaxes tal e como foron concebidas (cuns auriculares paseando polos Ancares), convidámoste igualmente a que disfrutes do noso traballo. Aquí atoparás varios enlaces ás versións gravadas en vídeo e subtituladas en castelán.

A experiencia, obviamente, non é a mesma, pero fixémolo co maior dos coidados e cariño para que se aproxime ao máximo a estar alí.

Dentro de cada capítulo poderás escoller entre a versión en vídeo HD e unha versión VR 360º coa que poderás disfrutar ainda máis se dispós dunhas gafas de realidade virtual.

Esperamos que goces coas viaxes e que os Ancares che enamoren tanto como a nós.


Proba de Navia

Galego | Versión VR 360º:

Top