OS ANDARES
Serie de 6 viaxes sonoras
SERIE DE VIAXES SONORAS
Unha viaxe sonora é unha película na que ti es a protagonista, paseas por entre as localizacións e a cámara son os teus ollos.
Un grupo de artistas do teatro, o cine documental, a poesía e a música producimos 6 creacións de audio nalgúns dos espazos máis máxicos da Serra dos Ancares.
Seis capítulos, cada un escrito por unha autora, nos que se mestura o documental e a ficción, co fin de profundizar un pouco no coñecemento desta Reserva da Biosfera, a súa cultura e os sentires dos seus habitantes.
O que tes que facer para disfrutala é moi sinxelo:
1) Colle o teu móbil (ou similar) con batería suficiente
2) Leva os mellores auriculares que teñas
3) Vai ata o punto de inicio da viaxe que escollas
4) Dalle ao play no idioma que prefiras
5) Déixate guiar
Ao igual que no cine ou no teatro, é moi importante que cada viaxe se faga toda seguida sen falar con ninguén.
Recomendámosche levar un calzado cómodo, unha gorra para protexerte do sol e poñer o teu móbil en modo NON MOLESTAR, así seguirás tendo conexión pero non che molestarán as chamadas nin as notificacións durante o tempo do paseo.
Por último, os Ancares é un espazo protexido cun valiosísimo patrimonio histórico, cultural e natural. Tanto nos desprazamentos como durante a túa estancia alí, pedímosche que respectes a calma do lugar e que coides da fauna e da flora.
ESCOLLE A TÚA VIAXE SONORA
-
POBRA DE NAVIA47’20”
-
PENARRUBIA33’26”
-
TORÉS41’05”
-
CASTRO DE SANTA MARÍA36’59”
-
OS GROBOS32’49”
-
LAGOA MAIOR32’27”
PENARRUBIA
Duración – 33’26”
Para unha urbanita coma min, calquera oportunidade de afastarse e descansar do día a día dunha cidade, cómpre aproveitala. Cando eu era pequena, envexaba moito ás compas de clase, que todas as fins de semana ían “á aldea”. Eu non tiña. Cando visitei Penarrubia, véuseme esta lembranza á cabeza e pensei que, desde logo, a miña aldea soñada podería parecerse moito a este lugar. Como guieiro deste paseo, contarás cun ilustrado narrador que irá debullando a historia desta parroquia e das súas xentes, ata onde boamente pode alcanzar a memoria. Penarrubia se cadra, non é doada de atopar e coñecer… Pero unha vez atopada, xa non ten perda.
Espero que goces tanto paseando, como eu escribindo para ti.
PUNTO DE INICIO:
Vai ata a aldea de Penarrubia, no concello de Baralla, e sitúate na zona de aparcamento xunto a igrexa.
COORDENADAS: 42°56’36.6″N 7°13’05.0″W
ESCOITA ou DESCARGA
TORÉS
Duración – 41’05”
Cando cheguei a Torés, esa vila enmarcada nun fermoso val, que, como as boas películas e libros, mellora canto mais a miras, tiven a clara e inmediata sensación de que a súa placidez agochaba historias que pagaría a pena aflorar. E apareceron os tremores, que a cada pouco e dende hai moito tempo, rachan de cando en vez a calma de Torés. E que seica van voltar, en forma de parque eólico, rachando definitivamente co seu xeito de vida.
Pero sobre todo apareceron persoas con ganas de falar, que abriron as súas casas, bocas e mesmo despensas para ofrecerme con xenerosidade o agasallo das súas lembranzas e sentimentos.
Acompáñame nesta cápsula do tempo, neste scanner de recordos psicoxeográficos. Dálle o play!
PUNTO DE INICIO:
Vai ata a aldea de Torés, no concello de As Nogais, e sitúate xunto a fonte que hai ao pé da igrexa.
COORDENADAS: 42°47’23.9″N 7°09’39.5″W
ESCOITA ou DESCARGA
CASTRO DE SANTA MARÍA
Duración – 36’59”
Como na mansión encantada dunha novela de terror, no Castro de Santa María confluén forzas de poder ancestral que nos poñen en contacto co descoñecido e coa morte.
Os vestixios dun poboado castrexo, unha necrópole do século IX, unha igrexa do século XV, un cemiterio contemporáneo e ti.
Milenios de segredos agochados baixo a terra, o pó ou a pintura dunha parede, agardando o día de saíres á luz. Ese día, quizáis, sexa hoxe.
PUNTO DE INICIO:
Vai ata o Castro de Santa María, no concello de Cervantes, e sitúate na pasarela metálica xunto ao muro da igrexa.
COORDENADAS: 42°51’53.3″N 7°02’33.3″W
ESCOITA ou DESCARGA
OS GROBOS
Duración – 32’49”
Os Grobos non precisa de palabras, non lle fan falla. Igual somos nós os que buscamos o texto para ser quen de integrarnos, para procurar un oco, establecer un pacto de convivencia e xogar co que nos altera e nos marabilla. Para domar, dalgún xeito, o espello da nosa pequenez. Os significados, aquí, son marco da nosa insignificancia. A proposta desta viaxe é un xogo na procura dunha alianza na que cuestionemos o noso poder. Os Grobos estiveron e estarán; ti e mais eu só pasamos por aquí.
PUNTO DE INICIO:
Vai ata a aldea de Agüeira, no concello de Becerreá, e sitúate xunto a casa da Asociación Veciñal.
COORDENADAS: 42°49’34.1″N 7°07’20.2″W
ESCOITA ou DESCARGA
LAGO MAIOR
Duración – 32’27”
Esta viaxe sonora é un camiño monte adentro ata o Pozo do Lago maior, unha lagoa de orixe glaciar que se formou hai miles de anos. Poderiamos dicir que é entón unha viaxe no tempo. Pero tamén é unha camiñar cara o teu interior, un percorrido durante o que podes fundirte coa natureza que che rodea, a visible e a que observa sen ser vista, a que vixía dende o horizonte e a que levas dentro agochada como un animal.
PUNTO DE INICIO:
Vai ata a aldea de Hospital, no concello de Pedrafita do Cebreiro, e sitúate fronte a porta do Mesón O Tear.
COORDENADAS: 42°42’17.3″N 7°06’02.9″W
IMPORTANTE:
Como a ruta ata a Lagoa Maior é complexa e pode mudar segundo as estacións, recomendamos encarecidamente que empregues o track gps que atoparás premendo na imaxe do mapa, que che levará a Google Maps, ou, se és usuaria de Wikiloc, premendo aquí.
Como la ruta hasta la Lagoa Maior es compleja y puede cambiar según las estaciones, recomendamos encarecidamente que uses el track GPS que encontrarás al hacer clic en la imagen del mapa, que te llevará a Google Maps, o, si eres usuario de Wikiloc, haz clic aquí.
Since the route to Lagoa Maior is complex and can change with the seasons, we strongly recommend using the GPS track which you can find by clicking on the map image, which will take you to Google Maps, or, if you are a Wikiloc user, click here.
ESCOITA ou DESCARGA
OS ANDARES
Unha produción de FÓSFORO, Arte & Cultura
coa colaboración do Colectivo GALIZA EMOCIONAL.
Dirección
IRIA AZEVEDO, JOSÉ DÍAZ & MARCOS PTT
Dramaturxia
CLARA GAYO, MARÍA LADO, AVELINA PÉREZ, IRIA AZEVEDO, JOSÉ DÍAZ, MARCOS PTT
Voces
PATRICIA VÁZQUEZ, CARLOS SANTIAGO, MARÍA LADO, GONZALO DE CASA DE CARDELA, MARCOS PTT, IRIA AZEVEDO, JOSÉ DÍAZ
Músicas
NACHO MUÑOZ, JOSÉ DÍAZ e varios autores da plataforma EPIDEMIC SOUND
Apoio á investigación
ASER ÁLVAREZ
Edición e postprodución sonora
CHUS SILVA
Edición web
Fotografías
MARCOS PTT, JOSÉ DÍAZ
Vídeo
GRANEROVÍDEO
Comunicación
LUCÍA RODRÍGUEZ
Traducións ao inglés
GARY SMITH
Supervisión lingüística
CARLOS SANTIAGO, ARANTXA ALFAIA
Produción das locucións en inglés
FERNANDO LEMA
Asistencia de produción
VICENTE CONDE
Dirección de produción
JOSÉ DÍAZ
Unha produción de FÓSFORO Arte & Cultura.
Co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Indutrias Culturais, dentro do Programa Territorio Cultura, financiado con cargo aos Fondos da UE e o Plan de Recuperación e Resilencia do Goberno de España.
Co apoio da Área de Turismo da Deputación de Lugo.
Co apoio dos Concellos de As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
AGRADECEMENTOS
O equipo dos ANDARES quere agradecer de corazón a todas as persoas da comarca dos Ancares que participaron na creación deste proxecto, a todos os veciños e veciñas entrevistados (aparezan ou non na edición final) e, moi especialmente, a:
Xosé Espín, Maricarmen do Xegunde, Sergio Fernández de Torés, Maricarmen de Embutidos Suarna, Fray Paco do Cebreiro, Joan María da Casa do Catalán, Ovidio Fernández (pola cesión dos audios do seu precioso documental “Naviegos, os outros arraianos”), Eduardo Álvarez de Penarrubia, Isolina Rodríguez, Alberto Uría, Xabier Moure, Carmiña, Gonzalo da Casa de Cardela, Luis Pombo, Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, Escola Unitaria, Tristán e Pancho.
ACCESIBILIDADE
Se debido ás túas capacidades de mobilidade, de escoita ou, polas circunstacias que sexa, non podes realizar as viaxes tal e como foron concebidas (cuns auriculares paseando polos Ancares), convidámoste igualmente a que disfrutes do noso traballo. Aquí atoparás varios enlaces ás versións gravadas en vídeo e subtituladas en castelán.
A experiencia, obviamente, non é a mesma, pero fixémolo co maior dos coidados e cariño para que se aproxime ao máximo a estar alí.
Dentro de cada capítulo poderás escoller entre a versión en vídeo HD e unha versión VR 360º coa que poderás disfrutar ainda máis se dispós dunhas gafas de realidade virtual.
Esperamos que goces coas viaxes e que os Ancares che enamoren tanto como a nós.
Proba de Navia
Galego | Versión VR 360º:
Penarrubia
Galego | Versión VR 360º:
Torés
Galego | Versión VR 360º:
Castro de Santa María
Galego | Versión VR 360º:
Os Grobos
Galego | Versión VR 360º:
Lagoa Maior
Galego | Versión VR 360º: